-
Dereito da Cultura
Asesoramento na creación, formalización e relacións administrativas de proxectos artísticos e culturais.
Propiedade intelectual. Rexistro e xestión de dereitos de explotación audiovisual, musical, coreográfica, literaria, visual e teatral. Vulneración de dereitos exclusivos.
Mediación pública e privada con entidades de xestión colectiva de dereitos e operadores independentes.
Formación , investigación e docencia.
-
Dereito Administrativo
Consultoría en políticas culturais, modelos de xestión de equipamentos e iniciativas lexislativas en materia cultural.
Asesoramento e defensa na solicitude, xustificación, control financieiro e reintegro de subvencións.
Contratación administrativa artística e técnica. Formalización legal de residencias artísticas.
Reclamación de responsabilidade patrimonial da administración. Indemnización de danos e procedemento sancionador.
-
Dereito Civil
Dereito de familia. Tramitación de sucesións e división xudicial de herdanzas.
Propiedade privada e comunitaria. Compraventa, aluguer, cesión de uso e reclamación de dereitos sobre bens inmobles.
Asesoramento e reclamación de débedas en contratos privados. Comunidades de propietarios, particulares, asociacións e empresas.
Reclamación xudicial de responsabilidade civil contractual e extracontractual. Indemnización de danos e perxuízos.
-
DereitoMercantil
Propiedad industrial. Rexistro, xestión e cesión de dereitos de marca. Vulneración de dereitos exclusivos.
Dereito bancario. Reclamación de préstamos usuarios e abusivos. Tarxetas Revolving.
Defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
Asesoramento na creación, xestión e relacións administrativas de asociacións, empresas e colectivos con ou sen persoalidade xurídica.
Espacio para a creación dentro do mundo do dereito e o dereito dentro do mundo da creación.
Arte, cultura, cumprimento e esixencia normativa son as nosas ferramentas para a defensa dun contrato social máis xusto para todas, persoas, entidades públicas, comunidades e empresas privadas.
O noso equipo está formado por:
-
Ania González
Licenciada en Dereito. Máster en Avogacía (UVIGO). Especialista en estudos museísticos e teoría crítica polo Programa de Estudos Independente do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona. Combina a súa actividade profesional como consultora institucional e de políticas públicas coa docencia e o exercicio da avogacía no ámbito do dereito privado e da cultura. Avogada da Academia Galega do Audiovisual (AGA) e da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e CEDRO en Galicia.
-
Rafael Anido
Licenciado en Dereito. Máster en Avogacía (UDC). Participa en diferentes colectivos do ambito cultural e medioambiental como Nave 1839, Proxecto Cárcere, Verdegaia ou Couto de Eirixiña. Autor musical (Sr. Anido) e membro de numerosas bandas coas que edita diferentes álbumes. Colabora na edición do disco Galician Bizarre. Na actualidade é asesor da Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM), do espazo comunitario The Foundry ou do proxecto de vivenda comunitaria Futuro Habitable