Dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén
mércores 10 de xullo do 2024, por
Organizada polo Consello da Cultura Galega a xornada "Dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén" contou coa participación da nova Directora Xeral de Cultura do Ministerio de Cultura, a invetigadora Jazmin Beirak, Tony Murphy experto en políticas culturais e coordinador do grupo de redacción la novedosa Lei do Sistema Público de Cultura de Canarias, Lei 1/2023 aprobada o 1 de marzo de 2023, a nosa compañeira Ania González, experta en dereito da cultura; Diego Garulo xestor cultural e técnico de planificación, cooperación e novos proxectos da Sociedade Municipal Zaragoza Cultura, director durante estos último anos do innovador proxecto socio cultural Harinera Zgz e vogal da Asociación de Xestores Culturais de Aragón (PROCURA) e Mercedes Queixas deputada no parlamento galego e impulsora do actual proxecto para unha futura lei galega de dereitos culturais. Todos eles baixo a coordinación e moderación de Alberto de Boiro, xestor cultural e membro da Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG.
Durante a xornada, a nosa compañeira Ania González cuxa intervención podedes visitar online na videoteca do Consello da Cultura Galega, tras participar como redactora na fallida iniciativa lexistlativa de once concellos de Andaluzía para a tramitación da Lei da Cultura de Andalucía sobre cuxa necesidade xa tiña escrito en recente colaboración coa revista da Universidade de Cádiz, Periférica Internacional. Revista para a análise da cultura e o territorio, realizou unha breve diagnose do estado actual en Galicia, da transposición normativa, o exercicio, a defensa e o coidado dos dereitos culturais. Os dereitos culturais son aqueles dereitos humanos fundamentais, recollidos na Declaración de Friburgo (2007) que desenvolven e dan corpo ao dereito humano universal recollido no artigo 27 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) do dereito de acceso á vida cultural polo que se garante o dereito de toda persoa – e non só das profesionais do ámbito da cultura – a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e participar do progreso científico e nos beneficios que del resulten. Así como o dereito de toda persoa á protección dos intereses morais e materiais que lle corresponda por razón das súas producións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora.
- As relatoras Tony Murphy, Mercedes Queixas e Ania González
Estes dereitos están recollidos ademáis, como dereitos plenamente efectivos e vinculantes para todos os Estados membros da ONU no Pacto Internacional dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais ratificado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 16 e novembro de 1996 en vigor desde o 3 de xaneiro de 1976 en en canto aos dereitos culturais se refire, este Pacto foi desenvolvido pola Observación nº 21 do Comité da ONU ratificada en Xinebra o 20 de novembro de 2009 sobre o dereito a participa na vida cultural e foise consolidando no ámbito internacional coa creación da figura do Experto independente no ámbito dos dereitos culturais e a sinatura do Protocolo Facultativo ao Pacto Internacional dos Dereitos Economicos, Sociais e Culturais en vigor desde o 5 de maio de 2013 que convirte aos dereitos culturais en xusticiables.
Así pois, a transposición destes dereitos ao noso ordeamento xurídico así como a garantía do libre exercicio dos mesmos por parte de todas as persoas que conforman a vida cultural, é dicir, veciñas, migrantes, cidadás, activistas, autoras e creadoras, mediadoras, traballadoras asalariadas, profesionais autónomas, artistas, técnicas, empregadas e directivas das administracións públicas, empresariais, participantes de colectivos e entidades sociais é unha obligación para os poderes púbicos cuxa esixencia e cumprimento aféctanos persoal e profesionalmente. Entendendo a participación na vida cultural como a contribución mediante a procura, o desenvolvemento e a difusión do coñecementos e expresións culturais, a creatividade e a participación na creación. Pero tamén como o acceso á vida cultural, é dicir, o dereito a coñecer formas de expresión e difusión por calquera medio tecnolóxico de información e comunicación; a seguir un estilo de vida asociado ao uso de bens culturais e de recursos como a terra, a auga, a biodiversidade e a linguaxe e a beneficiarse do patrimonio cultural e das creacións doutras persoas e comunidades. E tamén o dereito de toda persoa a contribuir á creación da comunidade e a participar de forma efectiva e plena na definición e aplicación de políticas e decisións que incidan no exercicio dos seus dereitos culturais.
Ademáis de contar co dereito e o sistema público administrativo como ferramentas da nosa propiedade, pois son públicas e polo tanto comúns a todas, contamos no noso contexto social e cultural en Galicia con poderosas experiencias de aprendizaxe colectivo que poden axudarnos a conquistar un exercicio máis libre e activo dos nosos dereitos culturais con todas as garantías xurídicas que lles corresponden pese a actual falta de redistribución de poder e recursos culturais e naturais que sufrimos nesta comunidade autónoma por ser obxecto dunha política pública máis atenta á explotación patrimonial doutros valores fagocitadores da comunidade cultural como son o turismo e o crecemento industrial.